Da igual o Hallowen co que nos inunda a cultura dos EEUU ou o noso Samaín de orixe celta...nesta época de medo, vampiros, cadáveres, esqueletos, cabazas...invitámoste a que te acerques á biblioteca. Hai moita literatura sobre esta temática, como mostra aquí tedes algún libro que podes atopar:
Un cómic, "A noite de Samaín" protagonizado polos Barbazóns,
unha familia celta formada por Tara (unha vella celta do Castro de
Baroña); Con, Bre e Lerankos (os fillos), unha noral irlandesa....
Probade a ler as aventuras desta particular familia e se vos gustan
na nosa biblioteca tedes máis títulos para elexir.
Os libros da famosa saga de vampiros escrita pola estadounidense
Stephenie Meyer, onde poderedes coñecer a historia de amor entre unha
rapaza mortal (Bella) e un vampiro (Edward ).
E para rematar recomendámosvos unha película moi propia para estas datas "A noiva cadáver" de Tim Burton. Aquí tedes o trailer da peli:
No hay comentarios:
Publicar un comentario