martes, 26 de abril de 2016

A tropa de trapo

Onte, seguindo coas commemoracións do Día do libro, estivo con nós Brais das Hortas, un dos compoñentes de "A tropa de trapo", presentándonos o seu espectáculo Contos de defuntos (e outros asuntos).
Os alumnos da ESO puideron desfrutar dos seus contos, neste caso de defuntos, escenificados de maneira maxistral e interactuando co seu esixente público que non deixou de aplaudir toda a literatura de transmisión oral que el gardaba na súa mente e na súa persoa.
Como dixo el mesmo: "Contos de mortos que non están tan mortos, da Santa Compaña que non é tan santa, de aparecidos, de visións...de todas esas cousas que rodean a vida e a morte e das que nunca está demáis falar un pouco..."
Deleitounos con todas esas historias que atesoura a nosa Galicia e que hai que seguir transmitindo de xeración en xeración porque é a historia dos nosos antepasados e, polo tanto, a nosa.
Todo isto, adornado cunha perfecta pero tamén misteriosa, tétrica, máxica e coidada posta en escea que nos atrapou dende o primer intre.
 
 

lunes, 25 de abril de 2016

Commemoración do Día do Libro

Para celebrar esta data tan especial, preparamos unha exposición titulada "Os libros da nosa vida".
Os nosos alumnos elixiron un libro que lles gustara polo súa temática, contidos, ilustracións ou porque é do seu autor favorito. Con esta idea empezamos a traballar e decidimos que Cervantes e moitos dos grandes autores da literatura universal non podían faltar así que fumos buscando textos de obras como "Crónica de una muerte anunciada" o "Cien años de soledad" de García Márquez, "La Regenta" de Clarín, "El principito" de Antoine de Saint-Exupéry, "Hamlet" de Shakespeare o "El ingenioso hidalgo Don Quijote de la Mancha" en cuanto a clásicos. Do mesmo xeito, tiñan que estar presentes aqueles libros que máis gustan actualmente ós nosos lectores, pois eles son os artífices de todo isto, como "Bajo la misma estrella" de John Green, a triloxía do Baztán de Dolores Redondo, "Los Pilares de la Tierra" de Ken Follet ou "Los Juegos del Hambre" de Suzanne Collins.
Unha vez elixidos os textos, pasamos a imprimilos en folios de distintas cores e os penduramos do teito na entrada do instituto para que todo o mundo se poda impregnar das nosas vivencias literarias e incluso axuden a animar a alguén a ler un libro que non tiña pensado.
 
Dende aquí, vos pedimos que colaboredes nesta actividade e que sigades aportando textos das lecturas da vosa vida.
 
 

 

Tamén queremos informarvos de que  hoxe están con nós "A tropa de trapo", un grupo que vén deleitarnos con Contos de defuntos (e outros asuntos) así que esperamos que disfrutedes moito e se queredes facer unha reseña da súa actuación, publicarémola de bon grado.
 
 
 
 
 

viernes, 22 de abril de 2016

Exposición Cervantes y Shakespeare

Con motivo del IV Centenario de la muerte de Cervantes y Shakespeare, nuestros alumnos llevan días trabajando en la realización de una exposición sobre ambos autores.
Al tratar la obra de Cervantes se han empapado de las aventuras de D. Quijote con los molinos de viento y con su escudero Sancho Panza en el gobierno de la ínsula Barataria pero no por ello han dejado de disfrutar de las "Novelas ejemplares" con las andanzas de "Rinconete y Cortadillo" o de "La Galatea" donde han aprendido los presupuestos del género pastoril y de la literatura de la época.
En cuanto a Shakespeare, han tenido una toma de contacto con obras tan famosas como "Romeo and Juliet", "Othello", "Macbeth" o "The Merchant of Venice" insistiendo en el tema de los amores desgraciados o los celos.
 
Aquí tenéis una pequeña muestra de tan valiosa labor:
 
 
Queremos expresar nuestro agradecimiento a todos los alumnos y profesores que han colaborado para que este proyecto se pueda realizar.
Estáis todos invitados a visitar nuestro rincón lector y a disfrutar de esta maravillosa recreación de la vida y obra de dos de las grandes joyas de la literatura universal.

viernes, 15 de abril de 2016

"Os libros son para valentes" Pedro Feijoo

O Día do Libro é o próximo 23 de abril e para conmemorar esta data a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita un díptico cun texto orixinal que é un agasallo dun autor ou autora galega.
Este ano celebramos O día do Libro cunhas liñas de Pedro Feijoo que afirma que "Os libros son para valentes".
 
O díptico estará disponible na nosa biblioteca próximamente.




domingo, 10 de abril de 2016

Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares 2015/16

Desde o IES Carlos Casares asistimos os días 7 e 8 de abril ós Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares 2015/16, que tiveron lugar no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela.
Alí escoitamos e participamos nunha serie de conferencias e actividades co fin de dinamizar a nosa biblioteca e convertila nun espazo lector de referencia.
 
Aquí tedes un enlace onde podedes consultar o programa das charlas:
 
 
Foron unas xornadas entretidas e agradables onde puidemos compartir as nosas ideas, propostas, actividades e metas con outros centros educativos de Galicia.
 

 

miércoles, 6 de abril de 2016

Cervantes y Shakespeare

Con motivo de una de las efemérides más importantes del mundo literario que es el IV Centenario de la muerte de Cervantes y Shakespeare (1616-2016), en nuestra biblioteca hemos colocado dos estanterías que muestran las obras de estos grandes autores.
De Cervantes y Saavedra tenemos su gran obra "Don Quijote de la Mancha" en varias ediciones diferentes, una selección de las "Novelas Ejemplares", "Rinconete y Cortadillo" o una biografía del autor y de William Shakespeare, su obra completa en inglés con títulos como "Hamlet", "Romeo and Juliet", "Macbeth", "Othello" o "The Tempest", además de algunos títulos en castellano y en gallego.
Os invitamos a visitarnos y a que os llevéis algunos de los libros expuestos.

 
 

lunes, 4 de abril de 2016

2016: ano Shakespeare



W. Shakespeare National Portrait Gallery
Un mozo e unha moza coñécense nun baile de disfraces, namóranse e queren pasar xuntos o resto das súas vidas, pero hai un problema, as familias son rivais e non poden permitir que ese amor siga adiante… a consecuencia final? Tanto el coma ela acaban falecendo.

Sónache a historia? Podería ser o argumento de calquera película de Hollywood, sen embargo trátase dunha obra escrita hai máis de catro séculos: Romeo e Xulieta, de William Shakespeare.
O día 23 deste mes de abril hai catrocentos anos do seu falecemento. Por esta razón, numerosas entidades e autoridades británicas decidiron adicar este ano 2016 ao maior escritor en lingua inglesa de tódolos tempos. Autor de aproximadamente 38 obras de teatro (comedias, dramas, obras históricas…) e tamén de  154 sonetos, este escritor influíu e noitos grandes escritores que viñeron despois e tamén contribuíu enormemente á estandarización da lingua inglesa.
Ao longo deste mes de abril irémosvos contando máis cousas, pero se tedes curiosidade por saber máis ou por ver como se está a celebrar o ano Shakespeare no Reino Unido, aquí tedes algún enlaces:

 

viernes, 1 de abril de 2016

2016: O ano de Cervantes

Hoxe comeza o mes no que se conmemora, 400 anos despois, o pasamento de Miguel de Cervantes Saavedra, autor da obra cumio da literatura universal, Don Quijote de la Mancha. Ao longo do mes, iremos anotando citas de Cervantes, ou revelando curiosidades acerca das súas obras e a súa vida...
Imaxe: Retrato de Miguel de Cervantes atribuido a Juan de Jauregui que se conserva na Real Academia Española