lunes, 4 de abril de 2016

2016: ano Shakespeare



W. Shakespeare National Portrait Gallery
Un mozo e unha moza coñécense nun baile de disfraces, namóranse e queren pasar xuntos o resto das súas vidas, pero hai un problema, as familias son rivais e non poden permitir que ese amor siga adiante… a consecuencia final? Tanto el coma ela acaban falecendo.

Sónache a historia? Podería ser o argumento de calquera película de Hollywood, sen embargo trátase dunha obra escrita hai máis de catro séculos: Romeo e Xulieta, de William Shakespeare.
O día 23 deste mes de abril hai catrocentos anos do seu falecemento. Por esta razón, numerosas entidades e autoridades británicas decidiron adicar este ano 2016 ao maior escritor en lingua inglesa de tódolos tempos. Autor de aproximadamente 38 obras de teatro (comedias, dramas, obras históricas…) e tamén de  154 sonetos, este escritor influíu e noitos grandes escritores que viñeron despois e tamén contribuíu enormemente á estandarización da lingua inglesa.
Ao longo deste mes de abril irémosvos contando máis cousas, pero se tedes curiosidade por saber máis ou por ver como se está a celebrar o ano Shakespeare no Reino Unido, aquí tedes algún enlaces:

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario