lunes, 25 de abril de 2016

Commemoración do Día do Libro

Para celebrar esta data tan especial, preparamos unha exposición titulada "Os libros da nosa vida".
Os nosos alumnos elixiron un libro que lles gustara polo súa temática, contidos, ilustracións ou porque é do seu autor favorito. Con esta idea empezamos a traballar e decidimos que Cervantes e moitos dos grandes autores da literatura universal non podían faltar así que fumos buscando textos de obras como "Crónica de una muerte anunciada" o "Cien años de soledad" de García Márquez, "La Regenta" de Clarín, "El principito" de Antoine de Saint-Exupéry, "Hamlet" de Shakespeare o "El ingenioso hidalgo Don Quijote de la Mancha" en cuanto a clásicos. Do mesmo xeito, tiñan que estar presentes aqueles libros que máis gustan actualmente ós nosos lectores, pois eles son os artífices de todo isto, como "Bajo la misma estrella" de John Green, a triloxía do Baztán de Dolores Redondo, "Los Pilares de la Tierra" de Ken Follet ou "Los Juegos del Hambre" de Suzanne Collins.
Unha vez elixidos os textos, pasamos a imprimilos en folios de distintas cores e os penduramos do teito na entrada do instituto para que todo o mundo se poda impregnar das nosas vivencias literarias e incluso axuden a animar a alguén a ler un libro que non tiña pensado.
 
Dende aquí, vos pedimos que colaboredes nesta actividade e que sigades aportando textos das lecturas da vosa vida.
 
 

 

Tamén queremos informarvos de que  hoxe están con nós "A tropa de trapo", un grupo que vén deleitarnos con Contos de defuntos (e outros asuntos) así que esperamos que disfrutedes moito e se queredes facer unha reseña da súa actuación, publicarémola de bon grado.
 
 
 
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario