lunes, 24 de octubre de 2016

Día da Biblioteca 2016

O día 24 de outubro é, desde hai 20 anos, o Día da Biblioteca, unha data elixida para o fomento da lectura e todas as actividades que teñen que ver coa mesma.
Desde a Biblioteca do IES Carlos Casares de Viana do Bolo, faremos do Día da Biblioteca todo o ano, potenciando diversas actividades como as dos respectivos Clubes de Lectura do centro e tamén organizando e asistindo a diversos encontros literarios, que publicaremos neste blog.
 
Este curso As Bibliotecas Escolares de Galicia escolleron este cartel que anuncia as bibliotecas como territorio das artes, un espazo para acercarse ás diversas producións artísticas e literarias a través dos libros. As artífices son a ilustradora vasca Elena Odriozola e a escritora galega Ledicia Costas, Premio dos Clubs de Lectura 2016.
 
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario