viernes, 25 de noviembre de 2016

NIN UNHA MENOS

Hoxe, no Día contra a Violencia de Xénero, queremos amosarvos como traballamos esta problemática social no IES Carlos Casares coa axuda dos diferentes departamentos e, por suposto, do equipo da biblioteca, que implicou ós nenos para a súa concienciación neste tema e para que teñan as ferramentas necesarias para poder parar una situación de calquera tipo de violencia.
 
Os alumnos de 1º ESO confeccionaron unhas letras douradas e unha boneca representativa co lema "NIN UNHA MENOS". Ademáis, entre todos os cursos fixéronse unha serie de muráis definitorios de diversas situacións de violencia de xénero que se expuxeron na entrada do instituto cun lazo cheo de velas encendidas na homenaxe realizada a todas as vítimas nun acto contra a violencia de xénero que tivo lugar esta mañá.
Por suposto, colocamos mans de cor violeta e lazos representativos en todas as portas das aulas, despachos, sala de profesores, biblioteca... e da fachada do instituto colga un letreiro dourado cunha gran man violeta para facer público que estamos en contra da Violencia de Xénero.
 
Déixovos unas fotos do proceso e do resultado final:
 














 
 
 


 
 
 Grazas a todos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario