miércoles, 23 de noviembre de 2016

O pracer de ler

Hai poucos días anunciabamos a posta en marcha da actividade "Mochilas viaxeiras" e agora xa podemos dicir que é un feito.
Recibimos as mochiliñas e fixemos unhas tarxetiñas da biblioteca para asignarlle un número a cada unha.

 

Logo, entregámosllas ós nenos con libros en galego e castelán para que podan empaparse de mundos descoñecidos e apaixoantes que só poden descubrir a través da lectura e da imaxinación.
Mirade as caras de ledicia de Uxía, Alba, Mónica e Paulo (de esquerda a dereita).



E, como non, hai sorpresas: un bolígrafo e un paquetiño de caramelos que esperamos que sexan do seu gusto :)

 
Unha aperta!





No hay comentarios:

Publicar un comentario