martes, 10 de enero de 2017

Libro recomendado do mes de xaneiro

Nesta ocasión propoñemos a lectura de "El libro de los Baltimore" de Joël Dicker, unha novela que debería lerse despois de "La verdad sobre el caso Harry Quebert" do mesmo autor e que trata da historia dos Goldman-de-Baltimore.
Cando Marcus Goldman entérase de que o seu curmán Woody está a punto de entrar no cárcere, diríxese a Baltimore para pasar con el o seu último día de liberdade pero unha chamada inesperada o cambia todo e Marcus emprende un longo camiño para descubrir os secredos da súa familia.
Marcus sempre sentiu fascinación polos Goldman-de-Baltimore, unha saga familiar con suntuosas mansións, éxitos profesionais e deportivos, vacacións de glamur e moito máis...pero o drama vaise perfilando...
Invítovos a descubrilo...
 
 
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario