sábado, 13 de mayo de 2017

15 de maio: María do Cebreiro

 
O próximo luns 15 de maio, na semana adicada ás Letras Galegas e no marco dos Encontros literarios "Á luz da candea", teremos o pracer de recibir na biblioteca do IES Carlos Casares á poetisa galega María do Cebreiro, quen nos falará da súa traxectoria literaria e en concreto da súa obra "O deserto", un poemario cheo de referencias pictóricas, fílmicas, bíblicas, mitolóxicas...e no que as sensacións pálpanse na dor, na pel, no sangue, na soidade e na vida.
 
Un luxo para os sentidos!






 





No hay comentarios:

Publicar un comentario