miércoles, 30 de enero de 2019

Día Internacional da Paz

Celebramos na biblioteca o Día da Paz lanzando unha mensaxe de cores que representa a nosa máis firme promesa de convivencia, respecto, solidaridade e educación en valores.



lunes, 28 de enero de 2019

MANS POLA PAZ

Nesta semana na que celebramos o "Día Internacional da Paz" os alumnos de 2ºESO están preparando una cadea de mans de cores con diferentes conceptos e sentimentos como o amor, a sensibilidade, a bondade, a emotividade ou a ternura. Desexamos proxectar un mundo mellor no que a convivencia pacífica sexa un dos pilares máis importantes da nosa vida.
Aquí vai una pequena mostra do seu traballo:












martes, 22 de enero de 2019

Encontro literario "Á luz da candea" con Andrea Barreira

Ovidio V. | "Non hai luz sen escuridade" e "Palabra de bruxa" . Destas dúas novelas nos falou hoxe a escritora Andrea Barreira Freije. Para presentar a primeira delas, da Editorial Urco, o alumnado foi sacando dunha bolsiña de tea papeliños cos nomes dos personaxes (papeliños que logo se recollían nun fermoso bote de marmelada de cristal) creando así unha atmosfera idónea para o debate e as preguntas. No caso da segunda novela, e sen facer ningún spoiler da mesma, enmarcouse a historia na época na que a Santa Inquisición torturaba ás mulleres acusándoas de bruxería, cando en realidade eran independentes, sabias ou con posesións materiais, fundamentalmente terras. Aí foi onde Andrea definitivamente nos cautivou, coa súa xenial forma de contar a historia, cos seus xestos, dosificando perfectamente as palabras... Graciñas, Andrea, por estar hoxe con nós! 😘








miércoles, 16 de enero de 2019

Ler é viaxar

Pasa pola biblioteca e disfruta de moitos libros cos que farás una viaxe increíble.
Aquí vos ensino una selección: