martes, 22 de enero de 2019

Encontro literario "Á luz da candea" con Andrea Barreira

Ovidio V. | "Non hai luz sen escuridade" e "Palabra de bruxa" . Destas dúas novelas nos falou hoxe a escritora Andrea Barreira Freije. Para presentar a primeira delas, da Editorial Urco, o alumnado foi sacando dunha bolsiña de tea papeliños cos nomes dos personaxes (papeliños que logo se recollían nun fermoso bote de marmelada de cristal) creando así unha atmosfera idónea para o debate e as preguntas. No caso da segunda novela, e sen facer ningún spoiler da mesma, enmarcouse a historia na época na que a Santa Inquisición torturaba ás mulleres acusándoas de bruxería, cando en realidade eran independentes, sabias ou con posesións materiais, fundamentalmente terras. Aí foi onde Andrea definitivamente nos cautivou, coa súa xenial forma de contar a historia, cos seus xestos, dosificando perfectamente as palabras... Graciñas, Andrea, por estar hoxe con nós! 😘








No hay comentarios:

Publicar un comentario