lunes, 25 de marzo de 2019

Plambe 2019

O pasado venres asistimos ás xornadas de PLAMBE, inauguradas pola Conselleira de Educación Carmen Pomar e con charlas tan constructivas como a de Rosa María Calaf ou a de patrimonio de Manolo Gago. Asemade os centros que formamos parte de programa Elbe tivemos un encontro nos que tratamos de solucionar as distintas dúbidas sobre o funcionamento da plataforma.
Unha xornada moi interesante e pensada para mellorar o funcionamento das bibliotecas escolares.






Día Mundial da Poesía

Para festexar o Día Mundial da Poesía, os alumnos de 2º ESO fixeron unha serie de carteis para as escaleiras do centro e en cada un figuraba un verso. Os autores homenaxeados son: Rosalía de Castro, Federico García Lorca, Blas de Otero, Raúl Vacas, María do Cebreiro, Celso Emilio Ferreiro ou Bécquer.
Os nenos de 4º da ESO montaron a exposición.
Grazas a tod@s!







jueves, 14 de marzo de 2019

Excursión ó Teatro Clásico

O pasado martes visitamos o Castro de Viladonga e asistimos á representación da obra "Anfitrión" no marco das xornadas de Teatro Clásico Grecolatino.
Aquí vos deixo unhas fotos: