jueves, 22 de marzo de 2018

Novidades na Biblioteca

Ola a todos!
Querémosvos ensinar as nosas novas adquisicións para que vos deleitedes coa súa lectura nas próximas vacacións. Temos máis exemplares de Los Simpson e Mortadelo y Filemón no que se refire a banda deseñada e en novela xuvenil optamos por David Walliams con "Mi tía terrible" ou "La dentista demonio". Do mesmo xeito, invitámosvos a botarlle un ollo a "Pierre, el detective de laberintos: El misterio del Empire Maze Tower", ides flipar...
Esperamos que vos gusten :)






miércoles, 21 de marzo de 2018

Día Mundial da Poesía

Hoxe a biblioteca do IES Casares conmemora o Día Mundial da Poesía e para iso os nosos alumnos fixeron uns murais onde seleccionaron a unha serie de poetas como Gustavo Adolfo Bécquer, Gil de Biedma, Rosalía de Castro, María do Cebreiro, Xabier Cordal, Quevedo, Antonio Machado...e as súas poesías preferidas. Os murais están expostos no corredor do instituto e aquí tedes unha pequena mostra:









Tamén organizamos un pequeno recital poético con 1ºESO que acaba co verso "Poesía... eres tú" e co aplauso entusiasta dos nenos despois de disfrutar da actividade.














lunes, 12 de marzo de 2018

Ledicia Costas

O pasado 7 de marzo estivo no IES Carlos Casares a escritora Ledicia Costas no marco dos Encontros literarios "Á luz da candea". Reunimos a rapaces de 1º a 4ºESO que estiveron intercambiando opinións, reflexións e anécdotas coa creadora de "A señorita Bubble". Os nenos cociñaron as receitas de Escarlatina (a cociñeira difunta dun dos seus libros) e degustámolas despois da charla.
Grazas, Ledicia!







lunes, 5 de marzo de 2018

Semana da prensa

Como cada ano na Semana da prensa do IES Carlos Casares sacamos a nosa colección de xornais do mundo para que o noso alumnado poda curiosear :)




Ademáis, temos xornais novos na lingua de Shakespeare polo que desexamos que pasedes pola biblioteca e disfrutedes de todo o que ofrecemos.







jueves, 1 de marzo de 2018

A película "Heroína"

Onte estrearon a serie Fariña en antena3 baseada no famoso "libro secuestrado" do periodista Nacho Carretero onde se describe como os narcos galegos campaban as súas anchas nas nosas costas.
Lembramos que na nosa videoteca temos a película de Gerardo Herrero "Heroína" (2005), protagonizada por Adriana Ozores onde se reflicte como xeracións de xóvenes morrían por causa das drogas e a loita das "nais coraxe" nesta causa.
Porque é bo recordar o que pasou para que non volva acontecer.