lunes, 18 de junio de 2018

Encontro literario con Eva Mejuto

Hoxe celebramos un novo Encontro Literario "A luz da candea" coa presencia da autora Eva Mejuto que escribiu "22 segundos" para facer visible a transexualidade na historia de Ánxela que, pouco a pouco, pasa a ser Alex e busca a súa liberdade.
Falamos sobre a identidade e de como se fixo este libro que aínda que é de ficción, moitas das súas historias son reais.

Grazas a todas aquelas persoas que fixeron posible este evento.





lunes, 4 de junio de 2018

Encontros dos clubes de lectura

O pasado venres organizáronse os "Encontros dos clubes de lectura" en Santiago de Compostela e alí estivemos para empaparnos de tantas ideas sobre novas lecturas, banda diseñada e todo aquilo que nos permite medrar no noso mundo literario e real.