miércoles, 31 de octubre de 2018

Festexando o Samaín

Hoxe no IES Carlos Casares celebramos o Samaín, una festa popular galega na que participan todos os alumnos coa decoración da biblioteca con cabazas, pantasmas, bruxas e xestas que se converten en basoiras.
Hai carameliños para todos e repartiremos marcapáxinas feitos para a ocasión.
Truco ou trato?













miércoles, 24 de octubre de 2018

lunes, 15 de octubre de 2018

Día das Escritoras

Conmemoramos esta data cunha exposición de libros de escritoras galegas e castelás como Luz Gabás, María do Cebreiro, Ledicia Costas, María Reimóndez ou Irene Cívico.
Esperamos a vosa visita para ler algún dos textos das mesmas.



jueves, 4 de octubre de 2018

Libro recomendado do mes de outubro

Iniciamos o noso apartado de libros recomendados con "El teorema del loro" de Denis Guedj, unha simbiose de humor e razón pura que nos sirve de entretida lección de matemáticas. Estamos falando dunha trama polifónica intercalada de flashbacks de vidas de matemáticos célebres na que predomina a voz dun intelectual de oitenta e catro anos chamado M. Ruche.
Xa me contaredes se vos gustou...