jueves, 12 de diciembre de 2019

LECTURA PARA NADAL... O GRUPO


A modo de novela coral, este libro de An Alfaya aborda as adversidades coas que un colectivo de persoas que se senten discriminados por diferentes motivos (o seu aspecto físico, as súas orixes, ou a súa orientación sexual) se teñen que enfrontar á incomprensión da sociedade. Toda unha alegoría do noso presente...












jueves, 28 de noviembre de 2019

PARA O MES DE NOVEMBRO RECOMENDAMOS LER... TERRA ALTA, DE JAVIER CERCAS


Merecente do prestixiado Premio Planeta 2019, este thriller constitúe toda unha reflexión sobre o sentido da xustiza, da vinganza e o estigma do pasado. O seu protagonista, Melchor, é un Mosso de Esquadra, expresidiario, encargado da resolución dun terrible crime na apacible comarca catalá da Terra Alta, que de seguida conquistará ao lector...

martes, 26 de noviembre de 2019

ACTO CONMEMORATIVO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO





Para conmemorar o día contra a violencia de xénero, o 25 de novembro o noso alumnado de 2ºESO e mais de 4ºESO, coa colaboración do EDNL, leron un manifesto e pegaron unhas mans no taboleiro da entrada do instituto como símbolo de repulsa desta lacra tan presente, desgraciadamente, na nosa sociedade.

viernes, 8 de noviembre de 2019

VISITA DE EVA MEJUTO


Unha vez máis tivemos a sorte de contar coa presenza da escritora pontevedresa Eva Mejuto. Primeiramente, presentou o libro Memoria do silencio, novela a tres voces que explora, entre a ficción e a realidade, un capítulo pouco coñecido do noso pasado como é a situación de Galicia durante a Segunda Guerra Mundial. A segunda sesión foi dedicada a 22 segundos, obra que aborda dun xeito exquisito un tema tan delicado como o da transexualidade. O noso alumnado amosouse sumamente interesado na actividade facendo múltiples preguntas.

jueves, 31 de octubre de 2019

CELEBRACIÓN DO SAMAÍN








Con motivo da celebración desta festividade de orixe celta,  na que o mundo dos vivos e dos mortos confraternizaban, o ENDL deste centro organizou un concurso de decoración de cabazas xunto con outro, para os máis larpeiros, consistente na elaboración de sobremesas do máis terroríficas que resultaron ser moi creativas...

miércoles, 30 de octubre de 2019

LECTURA RECOMENDADA PARA OUTUBRO...



A formidable Rosa Aneiros pretende facer unha reflexión con Xelís, o guieiro das botellas de mar acerca da importancia do coidado do noso planeta para os máis noviños, o que lle valeu o Premio Merlín de Literatura Infantil 2019, de Xerais. Así, o noso protagonista terá que lidiar con guieiros de tormentas, ondas ou o vento, ata que descobren unha illla de plástico á deriva. Deste Xeito, Xelís deberá mandar mensaxes a todos os nenos e nenas para salvagardar o máis prezado que posuímos; o planeta Terra. 

lunes, 14 de octubre de 2019

DÍA DAS MULLERES ESCRITORAS






Para conmemorarmos o día das mulleres escritoras,  o equipo de biblioteca fixemos unha escolma de libros da autoría de escritoras destacadas da literatura galega, española e inglesa. Desta forma intentamos dar visibilidade a escritoras que acadaron premios de tanta relevancia coma o Nobel de Literatura, outras propostas para este mesmo galardón, autoras ás que se lles dedicaron as Letras Galegas, académicas...

jueves, 26 de septiembre de 2019

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA NO NOVO CURSO 2019/ 2020



 Con motivo da inauguración do novo curso na nosa biblioteca, celebrouse a primeira reunión de voluntariado. O noso alumnado máis veterano foi aleccionando o máis novo...

viernes, 21 de junio de 2019

Listado de lecturas recomendadas para o verán

Coa chegada das vacacións queremos animarvos a seguir lendo con estas propostas:

1. "Besta do seu sangue" de Emma Pedreira.
2. "La cuchara menguante"  de Sam Kean.
3. "Einstein. El salto cuántico" de Bayarri Dolz.
4. "Marie Curie. La actividad del radio" de Bayarri Dolz.
5. "Chámame señora pero trátame coma a un señor" de Inma López Silva.
6. "Feminicidio" de Carme Adán.
7. "ám@me" de Chis Oliveira e Amada Traba.
8. "Scratchmanía" de Raúl Lapeira.
9. "Pioneiras, galegas que abriron camino" de Anair Rodríguez.
10. "El mago del balón" de David Walliams.
11. "As meigas de Lupa" de María Solar.
12. "Las chicas son de ciencias" de Irene Cívico y Sergio Parra.
13. "Asimetría" de Lisa Halliday.
14. "El hombre que calculaba" de Malba Tahan.
15. "El hijo de Neptuno" de Rick Riordan.
16. "Cartas de inverno" de Agustín Fernández Paz.

 

 

Obradoiro con Eli Ríos

Por O. Villar
Os mellores momentos do obradoiro de diversidade sexual con Eli Ríos.
Grazas Sara, do Cim Viana e ao Concello de Viana do Bolo.



martes, 18 de junio de 2019

jueves, 30 de mayo de 2019

"A lingua das volvoretas"

Por O. Villar
Na xornada do 28 de maio, o alumnado de Literatura Universal de 1 de Bach do noso centro, cos profesores Carlos Ferreiro e Xosé Luis Míguez, acudiu a Allariz para participar na homenaxe ao escritor coruñés Manuel Rivas, co gallo do vixésimo aniversario da rodaxe do filme A lingua das bolboretas. O noso grupo realizou unha dramatización do relato "Que me queres, Amor?" enmarcado na obra homónima de Rivas. Tras o percorrido, tivo lugar un sinxelo e fermoso encontro co autor na Casa da Cultura alaricana. Como sempre, agradecemos o convite as compañeiras do IES de Allariz, e prometemos voltar...
 

 

lunes, 20 de mayo de 2019

Día das Letras Galegas

Homenaxe dos nosos alumnos a Antón Fraguas coa realización dunha bandeira con varias poesías galegas e a lectura dun manifesto. Todo acompañado de boa música :)



 











jueves, 9 de mayo de 2019

Día de Europa

Hoxe festexamos o Día de Europa cunha degustación de queixos franceses na biblioteca.
Colaboración co Departamento de Francés.





viernes, 3 de mayo de 2019

Semana do Libro

Co gallo de festexar o Día do Libro, fixemos una exposición de fondos de distintas temáticas: ciencias, literatura xuvenil, galega, inglesa, novas tecnoloxías, banda deseñada…
Témolos á vosa disposición na biblioteca do centro.







viernes, 12 de abril de 2019

Libro recomendado do mes de abril

Nesta ocasión apostamos pola lectura da colección Feminismos da editorial Galaxia cos títulos "Chámame señora pero trátame coma un señor" de Inma López Silva, "Feminicidio" de Carme Adán e "ám@me" de Chis Oliveira e Amada Traba.
Están á vosa disposición no noso espazo lector.



http://editorialgalaxia.gal/galaxia-bota-andar-coleccion-feminismos/

lunes, 25 de marzo de 2019

Plambe 2019

O pasado venres asistimos ás xornadas de PLAMBE, inauguradas pola Conselleira de Educación Carmen Pomar e con charlas tan constructivas como a de Rosa María Calaf ou a de patrimonio de Manolo Gago. Asemade os centros que formamos parte de programa Elbe tivemos un encontro nos que tratamos de solucionar as distintas dúbidas sobre o funcionamento da plataforma.
Unha xornada moi interesante e pensada para mellorar o funcionamento das bibliotecas escolares.