jueves, 28 de noviembre de 2019

PARA O MES DE NOVEMBRO RECOMENDAMOS LER... TERRA ALTA, DE JAVIER CERCAS


Merecente do prestixiado Premio Planeta 2019, este thriller constitúe toda unha reflexión sobre o sentido da xustiza, da vinganza e o estigma do pasado. O seu protagonista, Melchor, é un Mosso de Esquadra, expresidiario, encargado da resolución dun terrible crime na apacible comarca catalá da Terra Alta, que de seguida conquistará ao lector...

martes, 26 de noviembre de 2019

ACTO CONMEMORATIVO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO





Para conmemorar o día contra a violencia de xénero, o 25 de novembro o noso alumnado de 2ºESO e mais de 4ºESO, coa colaboración do EDNL, leron un manifesto e pegaron unhas mans no taboleiro da entrada do instituto como símbolo de repulsa desta lacra tan presente, desgraciadamente, na nosa sociedade.

viernes, 8 de noviembre de 2019

VISITA DE EVA MEJUTO


Unha vez máis tivemos a sorte de contar coa presenza da escritora pontevedresa Eva Mejuto. Primeiramente, presentou o libro Memoria do silencio, novela a tres voces que explora, entre a ficción e a realidade, un capítulo pouco coñecido do noso pasado como é a situación de Galicia durante a Segunda Guerra Mundial. A segunda sesión foi dedicada a 22 segundos, obra que aborda dun xeito exquisito un tema tan delicado como o da transexualidade. O noso alumnado amosouse sumamente interesado na actividade facendo múltiples preguntas.