![]() |
W. Shakespeare National Portrait Gallery
|
Un mozo e unha
moza coñécense nun baile de disfraces, namóranse e queren pasar xuntos o resto
das súas vidas, pero hai un problema, as familias son rivais e non poden
permitir que ese amor siga adiante… a consecuencia final? Tanto el coma ela
acaban falecendo.
Sónache a
historia? Podería ser o argumento de calquera película de Hollywood, sen
embargo trátase dunha obra escrita hai máis de catro séculos: Romeo e Xulieta, de William Shakespeare.
O día 23 deste
mes de abril hai catrocentos anos do seu falecemento. Por esta razón, numerosas
entidades e autoridades británicas decidiron adicar este ano 2016 ao maior
escritor en lingua inglesa de tódolos tempos. Autor de aproximadamente 38 obras
de teatro (comedias, dramas, obras históricas…) e tamén de 154 sonetos, este escritor influíu e noitos
grandes escritores que viñeron despois e tamén contribuíu enormemente á
estandarización da lingua inglesa.
Ao longo deste
mes de abril irémosvos contando máis cousas, pero se tedes curiosidade por
saber máis ou por ver como se está a celebrar o ano Shakespeare no Reino Unido,
aquí tedes algún enlaces:
No hay comentarios:
Publicar un comentario