lunes, 29 de enero de 2018

A lentitude

Ola a todos!
O curso pasado (maio 2017) tivemos o pracer de recibir no noso centro a María do Cebreiro, autora que estivo falando cos nosos alumnos da poesía de "O deserto". Esta mañá chegaron ás nosas mans varios exemplares do seu último poemario "A lentitude", unha obra que completa unha triloxía formada tamén por "Os inocentes" e  "O deserto" e que foi presentada o 14 de decembro en Santiago de Compostela.







               O COITELO
O máis fascinante era o fío do coitelo,
que precisaba a pedra de afiar
para poder cantar con aquel asubío
que apagou calquera música,
saído do mundo por primeira vez
desde as túas mans. As mesmas que,
afinando a frauta da columna,
me fixeron saír dun lugar no que nunca
estivera. O poder da fraxilidade
canta con cada pedra no fío do coitelo,
que pode ferir e sandar ao mesmo
tempo: non hai pracer intenso
que non doia e cada ferida ten
a súa propia beleza. Afiamos o coitelo
para que manque ou para que non manque.
Esta é a arte chea de perigos da carne,
sen que a vida non pode existir.

                                 María do Cebreiro

                 


Pasade pola biblioteca e descubride con este libro a paixón, as verbas tinguidas de emoción, a maxia de ler, a realidade e o lirismo.
Un saúdo!

No hay comentarios:

Publicar un comentario