martes, 22 de diciembre de 2020

 Para ler en Nadal... o premio Planeta: Aquitania, de Eva García Sáenz de Urturi


Thriller histórico repleto de vinganzas, incestos e batallas que nos presenta un personaxe feminino fóra do común; unha nena orfa obrigada a reinar durante o século XIII. Todo isto aderezado con traizóns, intrigas, conspiracións, perigo, amor... Exquisita documentación histórica, literaria e artística por parte da autora... Un auténtico Xogo de tronos!

miércoles, 25 de noviembre de 2020

Lecturas en violeta para conmemorar o DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO O 25 DE NOVEMBRO, loitando a prol da igualdade...



martes, 17 de noviembre de 2020

 UNHA LECTURA QUE APOSTA POLA DIVERSIDADE PARA NOVEMBRO; 

PLAN DE RESCATE, DE ANTÍA YÁÑEZ




Unha vez máis, a célebre escritora de Senlleiras fai uso da literatura como arma para cambiar o mundo e facer del un lugar máis xusto. Atopámolo neste libro da man dun grupo de rapaces que asisten a unha aula de reforzo, e que a pesar das súas discapacidades logran resolver un misterio. Ao final, esas discapacidades tórnanse en "capacidades" ou outras oportunidades para avanzar na vida...




 VISITA AO NOSO INSTITUTO DE ANTÍA YÁÑEZ EN NOVEMBRO...

Esta escritora tan en voga falounos de machismo, igualdade, e, por suposto, do seu libro Senlleiras...!




sábado, 24 de octubre de 2020

 24  DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS

Para conmemorar este día, na biblioteca María Varela do IES Carlos Casares de Viana, fixemos unha pequena escolma de libros en: castelán, galego, portugués, italiano; narrativa, poesía, divulgación...








martes, 13 de octubre de 2020

 13 DE OUTUBRO: DÍA DE ADA LOVELACE, MATEMÁTICA DO SÉCULO XIX

Considerada a primeira programadora do mundo, posto que posúe este recoñecemento, foi pioneira en describir unha linguaxe de programación informática e desenvolveu, tamén, a programación analítica



martes, 6 de octubre de 2020

 

NOVA LECTURA PARA O INICIO DE CURSO.... DESTA VOLTA, ALGO DE POESÍA...!




Cunha tenrura e sensibilidade exquisita, Olga Novo fai un exercicio de instrospección do que emanan estes versos, os cales nacen de dúas experiencias totalmente diferentes; a enfermidade de seu pai, por unha banda, e o nacemento do seu fillo por outra. O título do poema alude á continuidade da vida trala morte... Todo un exercicio de reflexión que lle valeu o premio da Asociación Española de Críticos Literarios (AECL) na modalidade de poesía en galego

lunes, 5 de octubre de 2020

 REUNIÓN DOS VOLUNTARIOS DE BIBLIOTECA A PRINCIPIOS DE CURSO....!

 Benvidos! Desfrutade moito!






jueves, 2 de abril de 2020

Lecturas de confinamento



Nestas datas tan raras que estamos a vivir, máis que recomendar a lectura do mes, optamos polas lecturas do confinamento, e son os propios alumnos do IES  os encargados de recomendarnos libros cos que encher as horas que temos por diente de pasar en  casa.




Yoel, alumno de 3º da ESO, recomendanos "Todos somos" de Marcos Calveiro.

Noa, tamén de 3º ESO, "Nadie duerme" de Barbie Japuta.

Luana de 4º ESO, "La isla de los delfines azules" de Scott O`Dell.

jueves, 12 de marzo de 2020

Nova proposta para o mes de marzo; Infamia

Ledicia Costas aposta nesta ocasión polo público adulto con Infamia, unha novela na que se tocan temas tan estremecedores como a pederastia, o abuso de poder, a violación, o maltrato físico e verbal... Os seus personaxes tocarannos tan de cheo que non nos deixarán indiferentes...

lunes, 24 de febrero de 2020

Conmemoración do día de Rosalía de Castro

Con motivo da celebración do día de Rosalía de Castro, o 24 de febreiro, o alumnado do noso centro levou a cabo unha serie de recensións relativas a aspectos da súa biografía menos coñecidos, así como outros da súa obra, incluída a declamación de diferentes poemas pertencentes a ela.


Alén disto, cada clase realizou un mural relativo ao tema rosaliano correspondente que foi exposto en cadansúa porta












jueves, 13 de febrero de 2020

UN LIBRO PARA O MES DE FEBREIRO...

           Finalista do Premio Planeta 2019, Alegría fai alusión a esa emoción que determina a vida humana a partir da traxectoria vital dun home de mediana idade que a busca, desesperadamente, nun mundo onde reina a desesperanza e a falta de moral. Todo un reflexo da sociedade dos nosos días...


                                                          
                                                                                                                                               
                                                                                                                                   
                                                       








jueves, 23 de enero de 2020

PARA A VOLTA DE VACACIÓNS... ARANTZA PORTABALES SANTOMÉ


Unha vez máis o éxito da novela negra está garantido da man da escritora Arantza Portabales, coa súa novela Beleza vermella, un libro que atrapa, engancha, ata tal punto que non poderedes deixalo de ler ata que descubrades quen perpetrou o asasinato da moza Xiana Alén...




Alén disto, o club de lectura do IES Carlos Casares tivo a sorte de poder asistir a unha tertulia literaria en Allariz o  dezaseis de xaneiro coa nosa autora. Antes de intercambiar impresións sobre o libro con ela, dous alumnos e mailo director entraron na radio para facérenlle varias preguntas. A actividade resultou moi satisfactoria e gratificante para os nosos estudantes