viernes, 30 de abril de 2021

 VISITA AO NOSO CENTRO DE XAVIER FRÍAS





Hoxe tivemos a sorte de contar co prolífico escritor Xavier Frías, quen ademais de narrador xuvenil tamén escribe teatro. Precisamente o noso alumnado traballou a colección de micropezas "O Principiño e o asteroide de ferralla" e puido satisfacer as curiosidades propias deste xénero, tan especial, mais tamén tan esquecido. Moitas grazas, Xavier!

Proxecto subvencionado polo Ministerio de Cultura

martes, 20 de abril de 2021

  XORNADAS PLAMBE

Os días 15 e 16 de abril, celebráronse as xornadas do Planbe de xeito on line. O IES Carlos Casares estivo presente nas ditas xornadas. Versaron sobre lectura fácil, experiencias de desenvolvemento de distintos proxectos levadas a cabo en centros educativos como poñer en marcha clubs de lectura... Sempre nos poden aportar ideas...

lunes, 12 de abril de 2021

 VISITA  AO NOSO IES A ESCRITORA IRIA MISA PARA FALAR DA SÚA NOVELA:

Mamá, quero ser Ziggy Sturdust




O 12 de abril tivemos a sorte de contar coa presenza da escritora Iria Misa, referente na literatura galega, ao lado doutras autoras como Eva Mejuto, á hora de abordar nas nosas letras o complexo tema da transexualidade. Por medio do personaxe principal do seu libro, Aine, que non se identifica co seu sexo nin xénero asignado ó nacer, pretende eliminar prexuízos verbo do citado tema e contribuír a formar conciencias críticas desde idades temperás. Porque só falando das cousas e visibilizándoas poderemos entendelas e normalizalas. É por iso que este libro debería ser lectura obrigada en todos os centros. Moitas grazas, Iria!