martes, 26 de enero de 2021

 MATILDAS...




A nosa biblioteca uniuse ao movemento nomorematildas, reivindicando o papel das mulleres na ciencia, e facendo valer a súa autoría nos traballos que realizan para que non caian no esquecemento nin se atribúan a homes...

martes, 12 de enero de 2021

E para a volta de vacacións...  Ám@me



Desfacendo mitos. Este epígrafe, extraído do libro, resulta toda unha declaración de intencións verbo da análise que pretenden facer Chis Oliveira e Amada Traba sobre o amor romántico, a sexualidade ou as relacións amorosas. Un ensaio que busca facernos comprender o complexo significado do amor e desaprender modelos nocivos baseados nos mitos románticos, o patriarcado e unha sexualidade fundamentada na pornografía na que se ve inmersa a nosa mocidade